A nosa primeira reseña…

RESUMO:

“Fóra do Normal” conta a heróica historia de André, un rapaz trans que día a día loita contra os problemas e as diferenzas que a sociedade impón sobre persoas coma el, que supostamente están “fóra do normal”, un adolescente que vive a súa identidade como un feito problemático.

Durante un tempo André tentou esconder a súa identidade “para que o mundo fose perfecto, todo funcionase e cadaquén vivise a súa vida como sempre fora”.

Máis adiante decidiu aceptar a persoa que el era e decidiu mostralo ao mundo, a todas as persoas da súa contorna. Claro que a estreiteza de miras segue a ser un problema na sociedade actual por incrible que pareza pois, nin docentes ou amizades foron quen de entender, apoiar e acompañar a André, o único do que foron capaces foi de etiquetalo como becho raro. Basta con dicir que, ata o seu pai deixou de consideralo “a súa filla” despois de que todo saíra á luz.

A comezos deste curso aparece Mucha, a revolución das Anzas, chega a Teis e con ela novas esperanzas de ser totalmente libre para André.

O popular Martín, aquel que mallaba nel día si e día tamén, acabará pasándose ao outro bando. E coa fermosa Xela que cambiará toda a súa vida, despois de que a venda caera dos seus ollos grazas a axuda de André e Mucha, forman a patrulla trans.

VALORACIÓN PERSOAL:

Se tivera que escoller unha palabra para describir este libro, diría liberador.

Gustoume moito esta novela, sen considerar este un dos meus libros favoritos, pareceume unha historia moi interesante e reveladora. Considero importantes e esenciais todos os valores que esta obra pretende difundir. Valores como a aceptación social en todos os ámbitos, o deber de eliminar prexuízos/estereotipos das nosas mentes (como tan ben nos ensinaron Mucha e André), o dereito ás segundas e terceiras oportunidades cando sabes que valerán a pena (como no caso de Martín e André), a importancia de seguir o que di o noso corazón (a lección que Xela acabou aprendendo)…

Caracterizo como admirable a valentía que todos os personaxes principais acaban mostrando: a fortaleza de Mucha ante todo o que ocorreu na súa vida antes de chegar a Teis, a coraxe de Martín para enfrontarse a seu pai e tamén de intentar cambiar a súa mentalidade, a liberación de Xela ao deixar de finxir e mostrar quen era realmente, a valentía da nai de André ao deixar o seu home despois de todo o que fixo a André, e quedar soa facéndose cargo do seu fillo por amor e por suposto, a valorosidade de André en todo a historia e tamén ao intentar reunir o grupo que conseguira que deixara de sentirse só.

PERSONAXES:

·ANDRÉ.

É o protagonista da historia, un adolescente transexual, que lidia contra os estereotipos, o conflito de ser quen é e a batalla constante de intentar a súa aceptación e a de todos os demais coma el na sociedade. A súa gran afección son os cómics antigos de superheroes, algo que herdou do seu pai, aínda que pouco a pouco vaille dando a volta a moitas desas historia e descubrindo os seus verdadeiros significados, así como, decatándose de que tamén hai superheroes na realidade sen capa nin leotardos.

-MUCHA.

Dende comezos deste novo curso, André e Mucha convertéronse en moi bos amigos, despois de que ela demostrara o seu total apoio cara André. Mucha é unha rapaza con moito carácter e por dicilo de algunha maneira, non moi fina. Posúe unha personalidade arrolladora, feminista, xusta e igualitaria. Mostra o seu orgullo e o valor do rural.

En palabras de André, ten un aspecto salvaxe, á defensiva. O seu pelo semellaba non ter visto un peite dende había anos, e as súas dimensións cuadriplicaban ás do protagonista. Carga cun difícil e escuro pasado, do que aínda sendo imposíbel non gardar malos recordos, afronta con valentía e forza.

·MARTÍN.

Martín é un dos compañeiros de clase de André, ao comezo da historia móstrase como un abusador en toda regra, rico e popular. Un dos maiores inimigos de André, aínda que non tardamos en descubrir as súas debilidades ao igual que todos os seus “amigos” que, a causa delas deciden abandonalo. Empeza a achegarse a Mucha e André, e pouco a pouco, aínda que con moitos erros tenta cambiar a súa mentalidade.

·XELA.

Nun primeiro momento, Xela comeza sendo a fermosa rapaza coa que todos queren saír, André incluído. Esbelta, amábel, coidadosa, segura de si mesma, “guai”, popular… todo o que calquera podería desexar.

André e Xela empezan a saír aínda que isto provoca o afastamento con Mucha e Martín. Despois dun tempo, as afeccións de Xela por todo o relacionado coa beleza ou as súplicas por ir á praia, comezan a fartar a André e, como escusa dun novo traballo acaban separándose.

Xela, comete un grave erro ao intentar cambiar a Mucha en todos os sentidos, sen decatarse de que a que precisa cambiar é ela.

Despois dunhas duras e certas palabras de Mucha, decátase de todas as mentiras que había na súa vida e, decide empezar a deixarse ver como ela é, deixar de esperar o aprobamento da xente.

·NAI.

A nai do protagonista é un bo exemplo a seguir para calquera muller forte. Mostra a súa valentía coa situación co seu exmarido e todo o amor materno e apoio cara o seu fillo nos peores momentos. Traballa nun hospital.

·PAI.

O pai de André é un transmófobo que rexeita incluso ao seu fillo por ser quen é. A causa dos insultos dirixidos cara o protagonista e toda a dor que provoca nel, a súa nai pídelle o divorcio e tamén que se alonxe do seu fillo, á que el chama “filla”.

Manifestación 5 novembro en Compostela

Desde que se aprobou o anteproxecto de lei para a igualdade real e efectiva das persoas Trans e para a garantía dos dereitos das persoas LGTBI en xuño de 2021, unha lei impulsada por Irene Montero, a ministra de Igualdade, vai máis de ano e medio.

A necesidade de lexislar víase urxente porque a lei de 2017 (presentada por Carla Antonelli) e que por fin regulou para todo o estado (lembremos que ata ese momento cada Comunidade Autónoma se rexía en función de protocolos que non sempre se cumprían e, por outra banda, moi diferentes en cada Comunidade) quedou moi obsoleta.

En xuño 2022 apróbase o Proxecto de lei e desde aí, todo o mundo espera a súa rápida aprobación. Non foi así. Hai uns días PSOE, PP e VOX unían os seus votos para pedir un novo prazo para novas enmendas. Non sabemos aínda cando e nen cales serán as modificacións pero o que os colectivos LGTBI están a pedir é a súa aprobación xa.

Neste senso, a Asociación Arelas, de familias de menores trans de Galicia, como protesta e medidad de presión convoca para o vindeiro sábado:

Así di o seu manifesto:

A resistencia trans consolídase como unha forza motora para transformar inxustizas, desigualdades e estigmas en igualdade, equidade e respecto. O colectivo de persoas trans e as súas familias, esiximos que o ano non termine sen a probación da Lei Trans.
Unha lei que vén reparar máis de 40 anos de violencias e desigualdades, pero tamén a garantir
igualdade de oportunidades para acceder a dereitos nas mesmas condicións ao resto da cidadanía.
As persoas trans e as súas familias levamos xa moitos anos loitando por esta
lei e seguirémolo facendo, porque non podemos seguir esperando máis. E o próximo 5 de novembro diremos en Compostela, que a Lei Trans non pode deixar ningunha realidade, nin a ninguén fóra.

Por iso insistimos en que o dereito á identidade baixo o principio de autodeterminación
non pode ser menoscabado nin negado para as nosas infancias trans.
Acompáñanos o próximo 5N en Compostela para reclamar Dereitos Humanos para todas as persoas trans e a aprobación inmediata da Lei trans estatal que traia dignidade, recoñecemento e liberdade para todas as persoas trans do Estado.

https://fb.me/e/27PUerXec

Anímate a participar!

E recomezamos a actividade!

Ola a todes e benvides!

Hoxe 11 de outubro é o «Día Internacional da saída do armario» e aproveitamos a ocasión para inaugurar un novo curso do grupo de diversidade do centro. Neste grupo pretendemos facer un centro de ensinanza diverso e aberto de menten. Tamén temos parte do profesorado e alumnado dispostxs a axudar en todo o que se precise xa sexan dúbidas ou inquietudes.

O 11 de outubro é un día importante de toma de conciencia sobre os dereitos humanos das persoas LGBTQI+ enfatizando nun dereito básico como é ser libre e ser n´os mesmxs diante da familia, amigxs e compañeirxs de traballo, estudos, etc…

Escolleuse esta data porque é o aniversario da marcha nacional de 1987 polos dereitos de lesbianas e gais en Washington DC á que acudiron máis de 500.000 persoas para pedir ante o congreso e o goberno dos EE.UU. igualdade de dereitos.

Hoxe coma onte cómpre seguir a reivindicalos así que:

TODES SODES BENVIDES A ESTE GRUPO QUE INTENTA VISIBILIZAR E NORMALIZAR O DIVERSO!

VÉMONOS NO NOSO LOCAL FRENTE A AULA DE MÚSICA NOS RECREOS. E OS MÉRCORES NO SALÓN DE ACTOS!

No noso local
Así comezou todo a semana pasada…
E así de chulo quedou!
Empeza a sesión de fotos!
Somos Diversidade!
Reunións todos os días no local
Ese é o lugar!
Porque os mércores facemos asembleas onde deseñamos as actividades!
Profesorado «friendly» (e faltan fotos que iremos subindo!)
E alumnado!
Aquí, o noso local!

TRAE IDEAS PARA DECORALO, LIBROS, MÚSICA, PELIS PARA COMPARTIR OU SIMPLESMENTE UN SORRISO E GANAS DE PARTILLAS INQUIETUDES!

Saudiños!

Feliz mes do orgullo!!

Xunio é o mes oficial do orgullo, neste mes conmemórase a visibilidade de xéneros es sexualidades. Existe para revindicar os dereitos que merecemos por ser humanos que son negados por algúns modos de ser ou sentir.

É moi importante que estas inxustizas deixen de existir e que a sexualidade e xénero non sexan un tema tabú. É por isto que fixemos un vídeo conmemorativo.

O video está adxunto en drive, lamentamos a necesidade do esforzo.

Faga click para ver o video.

Que é para ti a diversidade?

Que é para ti a diversidade? Existe respecto pola diversidade na túa contorna? Como se trata nos medios de comunicación este tema? A estas e outras preguntas trataron de respostar parte do alumnado do grupo de diversidade nunha charla-coloquio que tivo lugar o mércores 11 de maio. Os participantes foron Laura Hermida, Sara González, Ana Villaverde, Cleo García, Rosalía Arias, Alejandro Sayar, Hugo Castro e Esteban Rodríguez.

Ademais, con motivo do día contra a LGBIfobia, os membros do grupo presentes na charla quixeron plasmar o seu punto de vista sobre esta problemática.

O resultado recóllese no audio (editado por Cleo García), resultante da gravación da charla, que podedes descargar premendo aquí.

Día internacional da visibilidade lésbica

Hoxe é o día internacional da visibilidade lésbica, con él chega unha gran oportunidade para falar un pouco acerca dos inicios de esta identidade.

Curioso como soa, este movemento iniciouse en España en 2008 como parte de actividades LGBT. O evento ten como obxectivo eliminar os prexuicios e desigualdades varias que moitas persoas lésbicas sofren. A homofobia é unha problemática moi seria para todos os colectivos, de aí movementos como o día da visibilidade trans ou lésbica.

O día 26 de Abril converteuse nun día no que todos os individuos de identidade lésbica poden alzar a voz e reclamar as inxustizas que sofren, tamén teñen a oportunidade de mostrar quenes son con orgullo e sen medo a represalias. Esperamos que algún día non sexa preciso gritar para que non existan individuos represaliados. Aínda que teñamos un longo camiño percorrido e inmensos avances feitos, queda moito no que traballar e moitas inxustizas que denunciar.

É importante seguir adiante polo futuro que buscamos, hoxe a bandeira lésbica o demostra.

Bandeira lésbica empregada para representar o colectivo de mesmo nome

Día da Visibilidade Trans

Hoxe celébrase o Día da Visibilidade Trans, e que mellor que facelo con estas actividades no centro! Cuns fíos de cores elaboramos unhas bonitas pulseiras representando ao colectivo LGTBI+. Pintamos as uñas das cores da bandeira trans para reivindicar o noso orgullo. E por último, tivemos a marabillosa visita de Laura Bugallo; sindicalista, transfeminista e activista polos dereitos LGTBI+ e persoas migrantes. Houbo moita participación por parte dos profesorado e alumnado do centro; sen duda, foi un gran día!

Arrancamos…

Bota a andar o blog no que publicar as inquedanzas, reflexións e pensamentos que queirades compartir co resto do grupo e co mundo mundial da internet… e, por suposto, no que ir subindo os avisos de próximas reunións, enlaces de interese, publicacións, etc.

Agardamos a vosa participación para facer medrar este pequeno recuncho virtual con todo o traballo que estades a facer.